Onte tivemos a visita do grupo LGBT Apóiate do IES Politécnico de Vigo.
Presentaron as súas actividades no centro e as compañeiras falaron sobre as súas experiencias persoais como rapazas bisexuais.
Nós, o alumnado de 1º e 2º da ESO, escoitamos con atención, collemos ideas e preguntamos ás nosas dúbidas.
Unha xuntanza moi emocionante e enriquecedora!
Se cres que todas as persoas, independentemente do noso xénero, debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades. Se cres que as relacións de parella deben ser afectivas e entre iguais, sen abusos nen violencia. Se cres que amar é amar, sen discriminación por orientacións sexuais. Se queres un mundo de paz e igualdade onde a dignidade humana sexa respectada. SÚMATE!
luns, 20 de xaneiro de 2020
mércores, 27 de novembro de 2019
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
O grupo de "IGUAIS NA DIVERSIDADE" condea todo tipo de violencias machistas.
Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, coa axuda das profesoras Eva Vérez, Dulce Fernández, Paula Ponte, Beatriz Sixto e Noemí Díaz, fixemos siluetas que representan ás mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, un photocall con lemas feministas, un taboleiro con carteis e caligramas, unha mesa para o reparto de información e pulseiras con lemas, unha estructura á entrada do IES onde poñer a nosa pegada contra o machismo, e Hugo e Nacho de 1ºA fixeron un RAP reivindicando os dereitos das mulleres.
Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres.
domingo, 10 de novembro de 2019
HORARIO DEFINITIVO DE "IGUAIS NA DIVERSIDADE"
Por petición popular, as asembleas serán semanais! Vémonos os luns no 2º recreo no Salón de Actos.
CARTAS DE EXPERIENCIAS
A proposta que Sara e Alejandro fixeron na 2ª Asemblea foi a da redacción de cartas con experiencias persoais referidas á temática LGBT e feminismo.
Recollemos bastantes cartas que están colgadas nos taboleiros do corredor de Orientación. Non deixedes de lelas, son moi interesantes.
Grazas as persoas que se animaron a escribir!!
luns, 21 de outubro de 2019
2ª ASEMBLEA
Agora toca que nos organicemos e comencemos a facer cousas, así que este mércores 23 ven coas túas ideas!
ASISTENCIA Á ASEMBLEA INICIAL
mércores, 9 de outubro de 2019
1ª ASEMBLEA "IGUAIS NA DIVERSIDADE"
No Eusebio da Guarda, estamos a crear un grupo de alumnado e profesorado chamado "Iguais na Diversidade" para facer actividades ao longo do curso, e este venres é a primeira asemblea informativa. Qué mellor momento que o Día Internacional da Saída do Armario!!!
A operativa é que vós, o alumnado, propoñades actividades e accións de concienciación, co fin de establecer o Eusebio da Guarda un centro libre de violencias machistas e de ataques LGBTIfóbicos.
Estas actividades poden ser nas datas conmemorativas do 25N (contra a violencia machista), 8M (da muller traballadora), 26A (visibilidade lesbica), 17M (contra a LGBTfobia)..., e poden ser murais, expos fotográficas, vídeos, performance, photocall....ou tamén cine forums, análise de artigos, etc.
Nas reunións periódicas tamén poderemos compartir experiencias vitais para así conseguir o apoio e axuda do grupo ante determinadas situacións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)