mércores, 27 de novembro de 2019

ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO


O grupo de "IGUAIS NA DIVERSIDADE" condea todo tipo de violencias machistas.

Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, coa axuda das profesoras Eva Vérez, Dulce Fernández, Paula Ponte, Beatriz Sixto e Noemí Díaz, fixemos siluetas que representan ás mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, un photocall con lemas feministas, un taboleiro con carteis e caligramas, unha mesa para o reparto de información e pulseiras con lemas, unha estructura á entrada do IES onde poñer a nosa pegada contra o machismo, e Hugo e Nacho de 1ºA fixeron un RAP reivindicando os dereitos das mulleres.

Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres.





domingo, 10 de novembro de 2019

HORARIO DEFINITIVO DE "IGUAIS NA DIVERSIDADE"

Por petición popular, as asembleas serán semanais! Vémonos os luns no 2º recreo no Salón de Actos.

CARTAS DE EXPERIENCIAS

A proposta que Sara e Alejandro fixeron na 2ª Asemblea foi a da redacción de cartas con experiencias persoais referidas á temática LGBT e feminismo.

Recollemos bastantes cartas que están colgadas nos taboleiros do corredor de Orientación. Non deixedes de lelas, son moi interesantes.

Grazas as persoas que se animaron a escribir!!



luns, 21 de outubro de 2019

2ª ASEMBLEA

Agora toca que nos organicemos e comencemos a facer cousas, así que este mércores 23 ven coas túas ideas!


ASISTENCIA Á ASEMBLEA INICIAL

Desde o equipo de docentes de Iguais na diversidade, querémosvos dar as grazas por participar na 1ª Asemblea, a verdade que foi moi emocionante ver que hai tanta xente involucrada, con ganas participar e facer do noso centro un lugar aínda mellor!

Velaí tedes unhas fotos!

Grazas





mércores, 9 de outubro de 2019

1ª ASEMBLEA "IGUAIS NA DIVERSIDADE"


No Eusebio da Guarda, estamos a crear un grupo de alumnado e profesorado chamado "Iguais na Diversidade" para facer actividades ao longo do curso, e este venres é a primeira asemblea informativa. Qué mellor momento que o Día Internacional da Saída do Armario!!!

A operativa é que vós, o alumnado, propoñades actividades e accións de concienciación, co fin de establecer o Eusebio da Guarda un centro libre de violencias machistas e de ataques LGBTIfóbicos.

Estas actividades poden ser nas datas conmemorativas do 25N (contra a violencia machista), 8M (da muller traballadora), 26A (visibilidade lesbica), 17M (contra a LGBTfobia)..., e poden ser murais, expos fotográficas, vídeos, performance, photocall....ou tamén cine forums, análise de artigos, etc.

Nas reunións periódicas tamén poderemos compartir experiencias vitais para así conseguir o apoio e axuda do grupo ante determinadas situacións.

Se compartes estas inquietudes, achégate o venres!