martes, 9 de marzo de 2021

CINEFORUM 3: VIDA EN TRANS

O 31 de marzo é o Día Internacional da Visibilidade Trans.

Para conmemoralo proxectaremos o documental Vida en trans de 46' de duración.

"Os xenitais condicionan o sexo que se nos asigna ao nacer, pero en ningún caso, nunca, determinan a nosa identidade sexual"

Como de costume, incríbete aquí para reservar praza pois están limitadas!!


 

venres, 5 de marzo de 2021

8M: DÍA DA MULLER

Dende "Iguais na diversidade" queremos recordar a importancia da conmemoración do Día da muller, por todo o que queda por facer, por todo o que aínda non é igualitario, porque necesitamos que todo o mundo sexa consciente das diferenzas aínda existentes. Por iso fixemos este vídeo no cal explicamos o porqué da conmemoración o día 8 de marzo, o porqué da cor violeta e o porqué é necesario que sigamos a traballar en eliminar as desigualdades entre homes e mulleres. Por un mundo mellor! Apúntate!




xoves, 4 de febreiro de 2021

CONCURSO 8M: POLA ELIMINACIÓN DOS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Polo Día Internacional da Muller o 8 de marzo,

lanzamos un novo concurso!

POLA ELIMINACIÓN DOS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Participa! Tes de prazo ata o 3 de marzo. 💜



xoves, 21 de xaneiro de 2021

CINEFÓRUM 2: MI FAMILIA GAY

Temos o pracer de presentarvos a película documental "Gayby baby" de Maya Newel (2015 - 85 min).

"Mentres o mundo debate politicamente o novo concepto de familia, 4 nenxs achéganse á pubertade baixo a tutela das suas familias homosexuais"

Reserva a túa praza AQUÍ! Están limitadas!



martes, 19 de xaneiro de 2021

O ANDEL LGBT+

Xa temos a nosa sección de libros LGBT+

Cómic, novela, manga, de consulta... Anímate a collelos!

Pregunta por Dulce, profesora de galego, durante calquera dos recreos dos luns.





mércores, 28 de outubro de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





LUNS 23 DE NOVEMBRO 


18:30 h na Sala de vídeo 




VISIONADO DE CURTAMETRAXES


PROXECTO “MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO”



Reserva a túa plaza pichando aquí.




luns, 12 de outubro de 2020

GRUPO DE TELEGRAM "IGUAIS NA DIVERSIDADE"

ESTE GRUPO ESTÁ ABERTO A TODO O ALUMNADO DO CENTRO, DE 1ºESO A 2º BACHARELATO, ASÍ COMO DE TÓDOLOS CICLOS.

Neste grupo falaremos das nosas inquedanzas e dúbidas, propoñeremos actividades e contaremos as nosas experiencias, tal e como facíamos o ano pasado nas asembleas.

Para poder acceder ao grupo:

1. Instala Telegram no teléfono ou ordenador.

2. Créate un alias (non é necesario que poñas o teu nome se non queres, tampouco tes que poñer o teu número de teléfono).

3. Escribe un mail a lgbt.grupo.apoio@gmail.com ou unha mensaxe a través de Instagram, indicando o teu nome e apelidos, o curso ao que pertences e a túa idade.

Cando recibamos o correo e verifiquemos os datos, darémoste de alta no grupo.

Anímate e participa!


GLOSARIO DE TERMOS





venres, 19 de xuño de 2020

28 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTIQ+


Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBT o alumnado do IES Eusebio da Guarda mostramos o respecto á diversidade afectivo-sexual e de xénero cunha exposición de Carteis e Cómics sobre Igualdade e Diversidade.

Por tanto animamos a todas persoas interesadas, alumnado, profesorado, familias..., a visitar a exposicion que se atopa na planta baixa, no corredor que vai do vestíbulo á Biblioteca, en horario de mañá.

Calquera persoa que visite a Exposición poderá coller na exposición un detalle conmemorativo como unha chapa, unha pulseira ou unha pegatina, a modo de agasallo.



luns, 15 de xuño de 2020

LIBERDADE DE SER E SENTIR

Co gallo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña realiza unha campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir.

Aquí tedes o enlace da páxina https://seresentir.gal/inicio/gl/, nela atoparedes web series, propostas de actividades e palestras sobre educación, deportes, etc., como estas:

    

domingo, 17 de maio de 2020

17 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGBTIFOBIA E DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Conmemoración do 17 de maio: Día Internacional contra a LGBTIfobia 
e Día das Letras Galegas


O alumnado do IES Eusebio da Guarda quere conmemorar esta data tan especial cunha serie de carteis que mostran o seu respecto cara a nosa lingua e cara a diversidade afectivo-sexual e de xénero:




Ademais, o profesorado da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ adícalle este vídeo ao alumnado LGBTIQ+:


 


venres, 15 de maio de 2020

15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

FELIZ DÍA DAS FAMILIAS!

Sexan como sexan as nosas familias, porque na vida real, as familias son diversas, así como as persoas, pero todas temos que ter os mesmos dereitos!!



martes, 28 de abril de 2020

PRESENTACIÓN DA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ DE GALICIA

Hoxe presentamos na Coruña a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, que está constituída xa por 230 docentes, 44 da Coruña. Aquí tedes a entrevista:


domingo, 26 de abril de 2020

26 DE ABRIL: DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA

FELIZ DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA!

Hoxe a vosa profe visibilizouse, xunto a mais mulleres lesbianas, nun vídeo da FELGTB (Federación estatal de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais)! 
Por min! Por vós! Non mais armarios!


martes, 31 de marzo de 2020

31 DE MARZO: DÍA DA VISIBILIDADE TRANS


Querido alumnado trans, que saibades que estamos super orgulloses de vós! Non deixedes que ninguén vos faga pensar o contrario!!



venres, 6 de marzo de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o alumnado de 1ºESO fixemos as nosas propias chapas con lemas sobre este día tan importante, reivindicando o papel da muller na nosa sociedade e reclamando a igualdade real.




venres, 14 de febreiro de 2020

14 DE FEBREIRO: DESMONTANDO SAN VALENTÍN

Hoxe, 14 de febreiro é o día de San Valentín, así que imos desmontar os mitos sobre o amor romántico!






luns, 20 de xaneiro de 2020

VISITA DO GRUPO APÓIATE LGBT

Onte tivemos a visita do grupo LGBT Apóiate do IES Politécnico de Vigo.

Presentaron as súas actividades no centro e as compañeiras falaron sobre as súas experiencias persoais como rapazas bisexuais.

Nós, o alumnado de 1º e 2º da ESO, escoitamos con atención, collemos ideas e preguntamos ás nosas dúbidas.

Unha xuntanza moi emocionante e enriquecedora!



mércores, 27 de novembro de 2019

ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO


O grupo de "IGUAIS NA DIVERSIDADE" condea todo tipo de violencias machistas.

Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, coa axuda das profesoras Eva Vérez, Dulce Fernández, Paula Ponte, Beatriz Sixto e Noemí Díaz, fixemos siluetas que representan ás mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, un photocall con lemas feministas, un taboleiro con carteis e caligramas, unha mesa para o reparto de información e pulseiras con lemas, unha estructura á entrada do IES onde poñer a nosa pegada contra o machismo, e Hugo e Nacho de 1ºA fixeron un RAP reivindicando os dereitos das mulleres.

Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres.