Exposición. O tema é "Lesbianas na historia", que foi traducida ao galego pola Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ Galicia.
IGUAIS NA DIVERSIDADE
Se cres que todas as persoas, independentemente do noso xénero, debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades. Se cres que as relacións de parella deben ser afectivas e entre iguais, sen abusos nen violencia. Se cres que amar é amar, sen discriminación por orientacións sexuais. Se queres un mundo de paz e igualdade onde a dignidade humana sexa respectada. SÚMATE!
martes, 10 de maio de 2022
xoves, 10 de marzo de 2022
8M
O día 8 de marzo, o equipo de "iguais na diversidade" levou a cabo unha serie de actividades conmemorativas:
martes, 8 de febreiro de 2022
luns, 7 de febreiro de 2022
ASAMBLEAS
Coordinadas pola profesora Dulce Fernández, e coa participación do profesorado que forma parte do programa,organízanse asamebleas nos tempos de lecer para que a rapazada poida falar das súas inquedanzas. Colocánse carteis nas aulas e os profesores participantes no programa informan tamén nas súas clases.
luns, 25 de outubro de 2021
mércores, 22 de setembro de 2021
domingo, 16 de maio de 2021
luns, 19 de abril de 2021
martes, 9 de marzo de 2021
CINEFORUM 3: VIDA EN TRANS
O 31 de marzo é o Día Internacional da Visibilidade Trans.
Para conmemoralo proxectaremos o documental Vida en trans de 46' de duración.
"Os xenitais condicionan o sexo que se nos asigna ao nacer, pero en ningún caso, nunca, determinan a nosa identidade sexual"
Como de costume, incríbete aquí para reservar praza pois están limitadas!!
venres, 5 de marzo de 2021
8M: DÍA DA MULLER
Dende "Iguais na diversidade" queremos recordar a importancia da conmemoración do Día da muller, por todo o que queda por facer, por todo o que aínda non é igualitario, porque necesitamos que todo o mundo sexa consciente das diferenzas aínda existentes. Por iso fixemos este vídeo no cal explicamos o porqué da conmemoración o día 8 de marzo, o porqué da cor violeta e o porqué é necesario que sigamos a traballar en eliminar as desigualdades entre homes e mulleres. Por un mundo mellor! Apúntate!
xoves, 4 de febreiro de 2021
CONCURSO 8M: POLA ELIMINACIÓN DOS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
Polo Día Internacional da Muller o 8 de marzo,
lanzamos un novo concurso!
xoves, 21 de xaneiro de 2021
CINEFÓRUM 2: MI FAMILIA GAY
Temos o pracer de presentarvos a película documental "Gayby baby" de Maya Newel (2015 - 85 min).
"Mentres o mundo debate politicamente o novo concepto de familia, 4 nenxs achéganse á pubertade baixo a tutela das suas familias homosexuais"
Reserva a túa praza AQUÍ! Están limitadas!
martes, 19 de xaneiro de 2021
O ANDEL LGBT+
luns, 9 de novembro de 2020
mércores, 28 de outubro de 2020
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
LUNS 23 DE NOVEMBRO
VISIONADO DE CURTAMETRAXES
PROXECTO “MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO”
Reserva a túa plaza pichando aquí.
luns, 12 de outubro de 2020
GRUPO DE TELEGRAM "IGUAIS NA DIVERSIDADE"
ESTE GRUPO ESTÁ ABERTO A TODO O ALUMNADO DO CENTRO, DE 1ºESO A 2º BACHARELATO, ASÍ COMO DE TÓDOLOS CICLOS.
Neste grupo falaremos das nosas inquedanzas e dúbidas, propoñeremos actividades e contaremos as nosas experiencias, tal e como facíamos o ano pasado nas asembleas.
Para poder acceder ao grupo:
1. Instala Telegram no teléfono ou ordenador.
2. Créate un alias (non é necesario que poñas o teu nome se non queres, tampouco tes que poñer o teu número de teléfono).
3. Escribe un mail a lgbt.grupo.apoio@gmail.com ou unha mensaxe a través de Instagram, indicando o teu nome e apelidos, o curso ao que pertences e a túa idade.
Cando recibamos o correo e verifiquemos os datos, darémoste de alta no grupo.
Anímate e participa!
domingo, 11 de outubro de 2020
venres, 19 de xuño de 2020
28 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTIQ+
luns, 15 de xuño de 2020
LIBERDADE DE SER E SENTIR
domingo, 17 de maio de 2020
17 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGBTIFOBIA E DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Conmemoración do 17 de maio: Día Internacional contra a LGBTIfobia e Día das Letras Galegas
Conmemoración do 17 de maio: Día Internacional contra a LGBTIfobia
O alumnado do IES Eusebio da Guarda quere conmemorar esta data tan especial cunha serie de carteis que mostran o seu respecto cara a nosa lingua e cara a diversidade afectivo-sexual e de xénero:
O alumnado do IES Eusebio da Guarda quere conmemorar esta data tan especial cunha serie de carteis que mostran o seu respecto cara a nosa lingua e cara a diversidade afectivo-sexual e de xénero:
Ademais, o profesorado da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ adícalle este vídeo ao alumnado LGBTIQ+:
venres, 15 de maio de 2020
15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS
FELIZ DÍA DAS FAMILIAS!
Sexan como sexan as nosas familias, porque na vida real, as familias son diversas, así como as persoas, pero todas temos que ter os mesmos dereitos!!
martes, 28 de abril de 2020
PRESENTACIÓN DA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ DE GALICIA
Hoxe presentamos na Coruña a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, que está constituída xa por 230 docentes, 44 da Coruña. Aquí tedes a entrevista:
domingo, 26 de abril de 2020
26 DE ABRIL: DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA
FELIZ DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA!
Por min! Por vós! Non mais armarios!